Inscrición

Hai que elixir un destes grupos á hora de inscribirse: 1) Docentes do ensino non universitario de centros sostidos con fondos públicos (segundo o convenio USC - Consellería para a homologación como actividade permanente de formación do profesorado non pode ser inferior ao 70% do total dos asistentes), 2) outros docentes, profesionais de formación superior vinculados ás temáticas, e estudantes universitarios (segundo o convenio non pode superar o 30%)

Nº de prazas e prazos

Para que o profesorado do ensino non universitario de centros sostidos con fondos públicos poda recibir a certificación de homologación por parte da Consellería de Educación e Ordenación non Universitaria como actividade de formación permanente do profesorado non universitario no marco do seu convenio coa USC, de acordo ao notificado coa comunicación de que quedaba provisionalmente recoñecido como actividade de formación permanente do profesorado non universitario, debe cumprise a porcentaxe mínima dun 70% de participantes de profesorado de ensino non universitario que traballe en centros sostidos con fondos públicos, establecido na Orde do 14 de maio de 2013 (DOG 96).

Tendo en conta este requisito legal, a participación de outros colectivos diferentes aos que lles corresponde a certificación de homologación queda determinada en base á participación dos docentes non universitarios citados, e será sempre o número máximo que non supere a porcentaxe dun 30% do total de asistentes. No caso de que se completen todas as prazas do auditorio coas solicitudes, para que este se poda completar ten que haber un número de 200 profesores do ensino non universitario que traballe en centros sostidos con fondos públicos (aqueles que teñen un correo corporativo de edu.xunta.es), que non se superaría nunca si hai máis de 80 inscritos do resto de colectivos que están estudando e estudaron nunha universidade.

Ás inscricións deberán pecharse como mínimo unha semana antes, polo que se fixa o prazo de remate de presentacións de solicitudes o día 2 de marzo de 2017. No grupo de propostos para a certificación de homologación por parte da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, as prazas asignaranse por orde de inscripción. No outro daráselle prioridade aos profesionais directamente vinculados coa Educación, e o total de seleccionados nunca superará o 30% dos seleccionados para recibir o diploma de asistencia, para poder cumprir a condición de porcentaxe establecido na Orde do 14 de maio de 2013 (DOG 96).

Os seleccionados recibirán un correo con data límite do venres 3 de marzo notificándolles a selección, e que deberán contestar antes das 20 horas do martes 7 de marzo, de cara a poder asignar as prazas vacantes aos que puideran quedar en lista de garda.