Congreso do 10º aniversario de Climántica

Primeiro curso de formación do profesorado no marco de EduC02cean-Erasmus+

Relatores do congreso

Os días 10 e 11 de marzo de 2017 terá lugar, no salón de actos da Facultade de Psicoloxía, anexa á Facultade de Ciencias da Educación (Campus Vida), Universidade de Santiago de Compostela (USC), o Congreso 10º aniversario de Climántica, que vai a constituir tamén o Primeiro curso de formación do profesorado da Alianza estratéxica para a innovación e cooperación en boas prácticas educativas EduCO2cean, aprobada e financiada na convocatoria Erasmus+ 2017

Erasmus+ 2017: Este evento ten por finalidade actualizar, reflectir e propor actuacións orientadas a dar respostas educativas que afronten o cambio climático, tendo como soporte os coñecementos, metodoloxías e iniciativas que se teñen promovido nos dez de desenvolvemento do Proxecto Climántica. Unha liña de reflexión-accción formativa que se pretende asociar á alianza estratéxica para a innovación educativa EduCO2cean aprobada en Erasmus+2016, apoiándose no Grupo de Investigación en Pedagoxía Social e Educación Ambiental da USC (SEPA-interea) e na Rede de Investigación e Formación para a Cidadanía e a Sociedade do Coñecemento, ambos de Referencia Competitiva no Sistema Universitario Galego.

Por iso recolle contidos de dous ámbitos. Por un lado contempla aqueles contidos que recapitulan as grandes temáticas desenvoltas ao longo da primeira década do proxecto Climántica. O outro ámbito refírese aos contidos de carácter colaborativo que dan paso aos ámbitos de desenvolvemento inmediato, facendo especial fincapé nas súas alianzas internacionais, a alianza estretéxica europea EduCO2cean e alianza latinoamericana: Rumbo a Climántica Latinoamérica 2018. Estes dous ámbitos orientaranse ao longo do evento por tres obxectivos:

  • Recapitular as respostas educativas máis relevantes da primeira década de Climántica
  • Reflexionar sobre a organización transversal actual do proxecto Climántica
  • Presentar as alianzas estratéxicas para o inicio da segunda década do proxecto Climántica

Entidades organizadoras

Ies virxe do mar

Entidades colaboradoras